O dúo de violín e piano formado polas irmás ourensanas Raquel e María Luz Rivera caracterízase pola súa labor de difusión da música española e pola súa especial atención ó repertorio contemporáneo, sen esquecer o repertorio clásico xeral. Dende o ano 2000, e de xeito complementaria ás súas traxectorias individuais, este dúo interpretou obras de autores españoles, clásicos e contemporáneos, en diversos concertos por España, Europa, América e Asia.
O Dúo Rivera desenrola varios proxectos centrados na producción musical española, e en particular galega, para piano e violín e as súas relacións coa música europea. Ao longo da súa traxectoria, este dúo reivindicou ós compositores menos coñecidos, rescatando a súa obra e dándolles difusión no contexto internacional. Implicouse igualmente en proxectos interdisciplinarios sobre compositores clásicos e contemporáneos, aunando a musicología con outras ramas artísticas, así como en diversos homenaxes a figuras clave do repertorio español e galego.
Dende a presentación internacional do dúo en xaneiro de 2004, cando realizaron unha xira de concertos en Francia – Paris, (Les Invalides), Lyon (Université Jean Moulin), Toulouse (Instituto Cervantes)–, Raquel e María Luz Rivera actuaron nas mellores salas do mundo, ampliando o seu repertorio. Entre as súas derradeiras actuacións, destaca unha xira de concertos en México con ocasión do centenario de Isaac Albéniz. Nesta páxina atopará vostede información sobre a traxectoria do Dúo Rivera, o seu repertorio e proxectos para un mellor coñecemento da música española, e en particular galega, no marco contemporáneo europeo. As derradeiras actividades e a axenda de eventos figuran no seu blog, de frecuente actualización.
ÚLTIMO EVENTO 16 de mayo. Ceuta. Gobierno de la Ciudad Autónoma